Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Escolas Familiares Agrarias

Escolas Familiares Agrarias

As Escolas Familiares Agrarias de Galicia son un movemento asociativo que agrupa a familias e profesionais do medio rural galego, co obxectivo de contribuír á promoción profesional e social do medio rural a través de accións educativas: formación profesional para os mozos e mozas e formación continua e ocupacional para persoas adultas e outros/as mozos/as.

As accións formativas van dirixidas tanto a adolescentes e mozos/as en ensinanzas regradas, como a persoas adultas, homes e mulleres, con necesidades específicas en formación continua, e que desexen traballar e vivir no medio rural.

logo

Estructura

Nas asociacións EFA actuais agrúpanse a pais e nais do alumnado actual, pais e nais do antigo alumnado, antigo alumno, responsables da empresa e persoas que queiran colaborar no desenvolvemento dos fins funcionais.En Galicia existen na actualidade tres Centros de Promoción Rural-EFA que xuntos constitúen a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia.-Fonteboa (Coristanco, A Coruña). Oferta formativa: ESO e ciclo formativo de grao medio-Piñeiral (Arzúa, A Coruña) Oferta formativa: ciclos formativos de grao medio e de grao superior-A Cancela (As Neves, Pontevedra). Oferta formativa: ciclos formativos de grao medio, de grao superior e PCPI (Programa de Capacitación Profesional Inicial)

Obxectivos

As Efas atópanse implicadas na formación do medio rural:

- Pretenden ser un foco de formación para a promoción e desenvolvemento do territorio.
- Achéganse ás dificultades e necesidades específicas do rural.
- Buscan impartir a formación de modo personalizado.
- Organización de equipos compactos de formadores que están atentos ás necesidades cambiantes da súa área de actuación.
- A formación impártese en colaboración coas institucións e colectivos do contorno (asociacións, concellos, sindicatos, empresarios...)
- Configúranse como centros residenciais para favorecer a asistencia de pequenos colectivos de áreas rurais.
- Incorpora unha ensinanza activa, grazas á metodoloxía cunha formación moi próxima á realidade socio-profesional do contorno, o que facilita a motivación na escola, a inserción laboral e o emprego ao remate da formación.

Enderezos:

Ponte de San Lázaro, 11 A, 1º, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña

Teléfono: 981 554 150

Web: http://www.efagalicia.org

Email:efagalicia@efagalicia.org

Contacto: José Manuel Campos


Utilidades