Xuventudes Socialistas de Galicia
Xuventudes Socialistas de Galicia
As Xuventudes Socialistas teñen sede en Galicia dende 1904. A organización conta na actualidade cuns 10 000 afiliados e afiliadas en toda a comunidade autónoma.
Interésase por todos os asuntos que lle afecten á mocidade: ensino, emprego, formación, medio ambiente, igualdade, ocio... Dado que se trata dunha organización política xuvenil, interésase pola abordaxe, debate e resolución de todos estes asuntos dende o punto de vista político.
Grupos de traballo
Secretaría de Organización, Administración e Acción Electoral: Iván Puentes Rivera
Secretaría de Política Institucional: Silvia Fraga Santos
Secretaría de Formación e Comunicación: Francisco Martínez Hidalgo
Secretaría de Emprego: José Luís Valcarce Rodríguez
Secretaría de Universidade e Ensino: Tamara Canosa Ferrío
Secretaría de Desenvolvemento Rural: Paula Vázquez Núñez
Secretaría de Medio Ambiente: Isabel Lema Blanco
Secretaría de Igualdade: Natalia Vázquez Salgado
Obxectivos
Os valores fundamentais das XSG son: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, o pacifismo, a ideoloxía republicana e a concepción federal do Estado Español.
Actividades
As Xuventudes Socialistas de Galicia organizan xornadas, cursos de formación, iniciativas políticas no Parlamento e nos concellos de Galicia a través dos diferentes grupos socialistas, actuacións concretas no territorio, participación no Consello da Xuventude de Galicia...
Publicacións
Renovación
Boletín semanal que trata diferentes temas de actualidade. A información complétase con artigos de opinión. Distribúese por correo electrónico.
Enderezos:
Organigrama:
Ligazóns