Asociación Galega de Estudiantes de CCEE - AIESEC
Asociación Galega de Estudiantes de CCEE - AIESEC
AIESEC é unha organización de mozos e mozas presente en máis de cen países e con máis de 23 000 membros.
O obxectivo de AIESEC é formar os seus membros e crear así axentes de cambio que cren un impacto positivo na sociedade.
Unha parte do ciclo de aprendizaxe que ofrece AIESEC é o programa internacional de prácticas que lles permite cada ano a máis de 4000 estudantes e acabados de licenciarse vivir a experiencia de traballar noutro país, con iso, os membros de AIESEC gañan valiosas experiencias, baseadas nunha boa preparación, integración e seguimento. AIESEC trata de preparar os seus membros para a súa vida no estranxeiro, incrementando a súa sensibilidade cultural, tolerancia e coñecementos.
Así mesmo, traballamos en proxectos baseados en temáticas de interese social como a emprendizaxe social e empresarial, responsabilidade social corporativa, turismo e educación entre outros, para incrementar así os coñecementos dos nosos membros e das persoas do noso ámbito nestas temáticas.
AIESEC aposta polo potencial e a diversidade dos seus membros e dálles a oportunidade de descubrir e desenvolver as súas potencialidades e conseguir coa súa visión do mundo ter un impacto positivo na sociedade, creamos líderes. Institucións públicas e privadas así como empresas e varias ONG colaboran con AIESEC conscientes dunha cada vez máis complexa e multicultural sociedade onde as diferenzas entre as distintas persoas só se reducen a características culturais.
Actividades 2007-2008
AIESEC na Coruña é unha das numerosas unidades locais nas que está presente AIESEC a nivel global. Dende A Coruña, aliñado co resto das unidades locais a nivel internacional traballamos por e para a formación dos nosos membros.
O comité da Coruña está dividido en seis áreas, estas son: relacións externas, finanzas e legalidade, intercambio, sistemas de información, comunicacións e recursos humanos, que sentarán as bases da formación dos nosos membros.
Proxecto baseado na Responsabilidade Social Corporativa, Hoy Responsable.
Os membros do comité tamén poderán formarse co traballo no proxecto que xestionaremos este curso baseado na temática da Responsabilidade Social Corporativa, que estará composto dunha semana de conferencias (26-29 de febreiro), dúas mesas redondas e prácticas en empresas en relación coa devandita temática.
O programa internacional de intercambio é unha parte máis da nosa formación, por un lado enviaremos a "aiesecos" galegos a empresas no estranxeiro que colaboran con AIESEC, así como traemos a "aiesecos" estranxeiros para traballar en empresas galegas.
Este programa prové dunha grande experiencia persoal e laboral os membros que se acollen a el.
Organización do Congreso Nacional de AIESEC en España, PM 2008.
Plánning Meeting é un dos congresos nacionais máis importantes de AIESEC en España; nel os líderes nacionais crean as bases de traballo e aprendizaxe do período que, como novo corpo directivo, implementar nas súas realidades locais.
O PM 2008, que será organizado pola unidade local de AIESEC na Coruña do 23 ao 27 de abril, implicará un notable posicionamento tanto para a asociación coma para a nosa marabillosa cidade, que daremos a coñecer os aproximadamente 150 membros das 16 unidades locais que asistan ao devandito congreso.
Entre os actos deste congreso teñen cabida unha "Global Village" (encontro multicultural no que cada unidade local achegará comida e bebida típica da súa rexión para así achegarlles a súa cultura ao resto de asistentes do congreso) e ademais unha cea de gala na que un subcomité de nominacións lles outorgará distintos premios ás unidades locais que obtiveran os mellores resultados durante o período 2007-2008.
Enderezos:
Facultade de Ciencias Económicas y Empresariales - Campus de Elviña, s/n
Teléfono: 981167000 - ext. 2464
Fax: 981167070
Web: http://aiesec.net/web/spain/acoruna/
Email:aiesec.acoruna@gmail.com
Horario: 09:00-14:00
16:00-20:00
Contacto: Alba Hermida Souto ( Presidenta de AIESEC A Coruña )
Organigrama:
Presidente: Jesús García Pensado
Vicepresidente Finanzas-Legalidade: Antonio Caruncho Mendez
Vicepresidente de Comunicacións-Sistemas de Información: Ander Imanol Astudillo López
Vicepresidenta de Relacións Externas:Lucía Iglesias Gonzalez
Vicepresidente de Intercambio: Victor Corral Sánchez
Ligazóns