A filosofía desta comisión tamén está presente nas demais. Loita contra a inconsciencia que nos fai cómplices dunha sociedade con comportamentos sexistas. Para iso realiza campañas e obradoiros que axudan a romper cos estereotipos e propician unha sociedade máis equitativa e igualitaria. A estratexia fundamental segue dúas direccións: o achegamento a centros de ensino nos que realizar obradoiros de concienciación para as novas xeracións; e o achegamento ás mulleres, mediante cursos que lles dean ferramentas para afianzarse no tecido asociativo galego.
[08/03/2010] Esta data serve para facer visible as reivindicacións e as demandas de todas as mulleres que desexan propoñer e construír un novo modelo de relacións sociais en igualdade para mulleres e homes
[20/12/2008] Estes seminarios, dirixidos a mozas e mozos pertencentes a asociacións xuvenís galegas e á poboación moza en xeral, leváronse a cabo en tres sesións distintas de 20 alumnos/as cada unha. A pesar diso, o número de persoas interesadas na súa realización foi moito maior co cal, dado o éxito da convocatoria, volveranse poñer en marcha no vindeiro ano
[09/10/2008] O obxectivo da antedita guía é ser unha ferramenta de apoio ás empresas de Galicia
Máis noticias