A mocidade como protagonista do desenvolvemento sostible e o respecto aos animais. Esta será a trabe na que nos apoiamos para desenvolver o noso traballo na Comisión, facendo da ecoloxía, a paz e o respecto aos outros animais o noso eixo de actuación. Pretendemos informar, motivar, e alentar aos mozos e mozas para que sexan axentes activos e solidarios na defensa da natureza e dos animais, tamén para que a súa implicación teña consecuencias positivas no futuro do planeta. Nesta páxina atoparedes ligazóns interesantes de asociacións europeas e mundiais, para mantervos informad@s. Neste senso, a sección da páxina de Medio Ambiente tamén será unha fiestra pola que entren as súas peticións e poderemos colaborar con distintas campañas asinando os manifestos que vos achegamos, creando, deste xeito, unha rede de activistas solidari@s co Planeta. Lembrade que a vosa participación é moi importante! Seguimos artellando actividades e sempre contamos con vós.
[16/12/2009] Guía do Consello da Xuventude de Galicia para vivir un Nadal integramente en galego e respectuoso co medio.
[13/08/2009] Greenpeace presentou a actualización da súa Guía Vermella e Verde dos fabricantes que utilizan ou rexeitan organismos modificados xeneticamente. Para ver un adianto dela, preme nesta noticia
[22/04/2009] Ao dito acto asistiron, a maiores dos gañadores, a presidenta do CXG, Azucena Rodríguez, a xefa de Relacións Externas e Publicidade de BEGANO/Coca-Cola, María Sande, e o escritor e profesor Ramón Caride.
Máis noticiasEditorial Cumio
Editorial Faktoria K
Editorial Faktoria K
Edición do 2008
Editorial Kalandraka
Editorial Ir Indo
Listado de libros pola paz 2009
Compañías que comercializan os seus produtos en España
Edición do 2009
Campaña de aforro de auga
Enderezos de refuxios de animais en Galicia
Máis documentación