Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Axenda

Axenda: xoves 16 de novembro 2006

Xornadas sobre mocidade e internet

Enredad@s

[09:00 - 18/11/2006 19:30] Xornadas sobre mocidade e internet
Listado de admitidos/as

O Consello da Xuventude de Galicia, xunto coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, queremos con estas xornadas, facer unha reflexión e debate que nos leven a unha acción na que os protagonistas sexades todas e todos vós.

Obxectivos

  • Dotar de coñecementos aos / ás participantes que reflictan un xeito de achegarse á rede máis activo e participativo.
  • Contemplar as estratexias de marketing dentro da idea que desexen transmitir ao conxunto da rede.
  • Ampliar o coñecemento sobre políticas positivas e recursos dispoñibles dirixidos a persoas emprendedoras.
  • Coñece experiencias persoais sobre os procesos necesarios para aplicar dun xeito eficiente a idea ou iniciativa empresarial que se desexe emprender.
  • Impulsar á mocidade como axente activo á hora de dar unha visión informativa do seu tempo e o seu espazo.

Datas das xornadas
As "Xornadas sobre Mocidade e Internet" celebraranse os días 16, 17 e 18 de novembro de 2006, de 09.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Lugar de celebración
No Salón de Actos nº 1 da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia (San Caetano, s/n. Santiago de Compostela)

Destinatarias/os
Estas xornadas están abertas a toda a mocidade. O número de prazas é de 250. A inscrición é gratuíta. A data límite para a inscrición é o 9 de novembro.

A lista de admitidos/as publicarase na páxina web do CXG (www.cxg.org) o luns 13 de novembro. No caso de que esteas admitido/a e non podas asistir, pregámosche que nolo comuniques no prazo máis curto posible para asignar a túa praza a outra persoa. As persoas que finalmente non asistan ás xornadas e non o comuniquen, non serán aceptadas noutras actividades posteriores que o CXG organice. O número de prazas repartirase equitativamente entre as tres universidades galegas.

As xornadas celebraranse no Complexo Administrativo de San Caetano. Tanto para entrar como para saír, hai que pasar polos postos de control. É imprescindible levar DNI, pasaporte ou carné de conducir. Só con calquera destes tres documentos poderedes acceder ás dependencias da Xunta de Galicia.

A asistencia a estas xornadas está recoñecida cun crédito de libre configuración por parte das tres universidades galegas. O control de asistencia farase con credencial electrónica. Tralo informe da empresa encargada deste control, o Consello da Xuventude de Galicia expedirá unha certificación. En todas elas recoñecerase a asistencia; pero se especificará se esta dá dereito ao crédito de libre configuración.

En caso de estar interesao/a no crédito, indicanos no apartado "Formación académica" do formulario de preinscrición a que universidade pertences.

Organiza
Consello da Xuventude de Galicia
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Colabora
Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
ETS. de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.
Vicerreitorado de Comunidade Universitaria e Compromiso Social.

Documentación

Programa Enredad@s

Listado de admitidos/as


<< 2006 >>
<< novembro >>
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930