[29/06/2009 09:28 - 31/12/2009 23:59] Concurso de narrativa en lingua galega
BASES
1. Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relato, cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 250, que estea escrita en lingua galega.
2. Este premio ten carácter bianual.
3. Os traballos presentaranse por triplicado. Deberanse incluír nun sobre á parte o nome, enderezo, teléfono e correo electrónico, e unha fotocopia do DNI. As obras irán con pseudónimo ou lema.
4. Prazo de presentación: 31 de decembro de 2009
5. Haberá un único premio que consistirá na publicación do texto premiado. O antedito premio pode quedar deserto.
6. A decisión do xurado farase pública o 1 de marzo de 2010.
7. A obra será publicada no mes de maio de 2010.
8. Os orixinais non premiados non serán devoltos.
9. As obras a concurso e a documentación relativa enviaranse ao seguinte enderezo:
POSiTiVAS
V PREMIO NARRATIVAS QUENTES
Xeneral Pardiñas, 15-17, local 10
15701 Santiago de Compostela
[28/07/2009 12:33 - 15/12/2009 15:00] O obxectivo da consulta é que os mozos e mozas envíen as súas contribucións e fagan chegar a súa opinión ás institucións europeas
A Comisión Europea lanzou recentemente unha consulta pública sobre como darlles ás mozas e mozos europeos máis e mellores oportunidades de ir ao estranxeiro a aprender, estudar ou realizar un voluntariado.
O obxectivo da consulta é que os mozos e mozas envíen as súas contribucións e fagan chegar a súa opinión ás institucións europeas.
O período da consulta durará ata o 15 de decembro de 2009. Unha vez pechada a consulta, a Comisión Europea avaliará as contribucións recibidas e presentará unha proposta con medidas para levar a cabo.
Máis información en:
http://ec.europa.eu/youth/news/news1553_en.htm
Xuntamos o documento Green Paper "Promoting the learning mobility of young people", por agora só dispoñible en inglés, francés e alemán.
Samanta García-Carro
Europe Direct Galicia
San Pedro de Mezonzo, 48 baixo
15701 Santiago de Compostela
Tel.: +34 981 55 33 90
Fax: +34 981 59 08 75
Correo-e: [a href="mailto:sgarciacarro@europedirect-galicia.com
"]sgarciacarro@europedirect-galicia.com
Documentación
[05/10/2009 12:19 - 13/11/2009 20:00] O prazo para inscribirse remata o vindeiro 13 de novembro. A inscrición é de balde. Preme nesta noticia e infórmate
Amigos da Terra anuncia a realización duns seminarios prácticos sobre medio ambiente e legalidade: como protexer o medio ambiente coa lei na man.
Estes seminarios están pensados para todas aquelas persoas que non teñen coñecementos sobre lexislación e medio ambiente e para todos aqueles socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as ou achegados/as á asociación e sensibilizados/as coa protección do medio ambiente.
Como aplicar na vida cotiá de todos e todas nós a lexislación ambiental sen pensar que o descoñecemento da linguaxe xurídica sexa unha traba para non interceder ante unha agresión ambiental.
Con estes seminarios converterémonos en ecovixías e defenderemos o medio ambiente "coa lei na man".
DATAS: Santiago de Compostela o 17 de novembro de 2009
LUGAR de REALIZACIÓN: Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Sala B)
HORARIO: DE 16:00 a 19:00 h
PROGRAMA:
- Parte I: Nacemento do dereito ambiental. Lexislación
- Parte II: Mecanismos de denuncia. Órganos administrativos competentes
- Parte III: O Convenio de Aarhus. Nacemento da RADA- Rede de Avogados para a Defensa Ambiental
- Parte IV: Casos prácticos: infraccións administrativas, delitos ecolóxicos, alegacións, petición de información ambiental
O prazo de incrición remata o día 13 de novembro.
Apúntate xa no correo xuridico@amigosdaterra.net ou chamando ao 988.374.318 (Montse Valencia).
NOTA: O lugar de impartición pode verse sometido a modificacións por causas alleas a Amigos da Terra. Notificarase o cambio de sala de ser o caso.
[20/10/2009 16:47 - 20/11/2009 20:30] Santiago de Compostela, 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro de 2009
Listado de admitidos/as
As escolas de formación de axentes de saúde que organiza o Consello da Xuventude de Galicia promóvense anualmente para darlle continuidade ás estratexias e metodoloxía de formación de mediadoras e mediadores xuvenís como axentes de saúde.
Os cursos e actividades de formación inicial en sexualidade e prevención da transmisión do VIH teñen como finalidade a sensibilización, a formación e a dinamización das persoas participantes, facilitando o achegamento de contidos básicos e tentando contribuír á mellora de hábitos e condutas individuais e colectivas (comunitarias).
Nesta edición revisaranse actitudes para unha sexualidades sa e respectuosa, mitos e estereotipos relacionados, e criterios necesarios para a prevención en educación sexual e afectiva.
Obxectivos
o Potenciar a dinamización de recursos destinados á mocidade, de cara a informar e sensibilizar en educación afectivo-sexual e prevención da transmisión do VIH-sida
o Abordar a sexualidade entendéndoa como forma de relación, comunicación, pracer e saúde
o Dar a coñecer a implicación de entidades e asociacións na difusión de información sobre sexualidade, orientación sexual e prevención da transmisión do VIH-sida
Contidos
o Conceptualización de sexo, sexualidade, erótica, identidade sexual, orientación sexual, e rol de xénero
o Actitudes, valores e normas con respecto á sexualidade: mitos e estereotipos
o Resposta sexual humana. Anatomía e fisioloxía feminina e masculina
o Fecundidade e anticoncepción: métodos anticonceptivos e prevención de embarazos non desexados
o VIH-sida, detección, formas de transmisión, prácticas de risco e prevención
o Educación afectivo-sexual e prevención de VIH-sida: intervención na adolescencia
o Mediación xuvenil: metodoloxía para a intervención socioeducativa
o Relacións sexo-xénero respecto da vivencia da sexualidade
o Importancia do mundo asociativo. Posibilidades e límites
Metodoloxía da actividade
Basearase na exposición de contidos, o intercambio de experiencias e análise de actitudes e estereotipos, a través dunha metodoloxía interactiva que proporcione espazos para a comunicación e o debate.
Destinatarias/os
Poderán participar un máximo de 35 persoas.
Na formación e selección do grupo de participantes, terán prioridade aquelas persoas que formen parte de asociacións xuvenís ou teñan experiencia asociativa.
Datas de realización: 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro de 2009
Duración: 36 horas
Horarios: Mañás: de 10:00 a 14:00 h (de luns a venres)
Tardes: de 16:00 a 20:00 h (de luns a xoves)
Lugar de realización
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa Madrid, 2, 4, Santiago de Compostela
INSCRICIÓN GRATUÍTA
Dende o formulario que atoparedes ao final desta noticia
Data límite de solicitude: 10 de novembro de 2009
Confirmarase persoalmente a asistencia á actividade por correo electrónico.
Organización, información e inscrición:
Consello da Xuventude de Galicia
Teléfono: 981 569 560
Fax: 981 563 488
info@cxg.org
Documentación
[02/11/2009 12:17 - 17/11/2009 19:30] Terá lugar o vindeiro 27 de novembro. Para inscribirse ou para obter máis información, tedes que visitar a web: www.voluntariadogalego.org
Organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Documentación
[05/11/2009 11:13 - 27/11/2009 15:00] O seu obxectivo é contribuír á formación das mozas e mozos traballadores e titulados recentes de Galicia nun contexto europeo, axudando á realización de prácticas en empresas doutros países mediante o financiamento de estadías de 12 semanas de duración
A Dirección Xeral de Xuventude, a través do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, como entidade cofinanciadora e a Asociación Cultural Ingalicia como entidade coordinadora, poñen en marcha tres proxectos de mobilidade para mozos e mozas de Galicia denominados EVERGREEN, IWE e NEA, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013.
Para máis información, descarga o seguinte documento adxunto:
Documentación
[05/11/2009 11:20 - 19/11/2009 15:00] Terá lugar o vindeiro 21 de novembro. Está dirixido a mestres/as, docentes, educadores/as, médicos/as, enfermeiros/as, traballadores/as sociais e demais profesionais interesados na prevención da infección por VIH/SIDA durante a adolescencia
O seu obxectivo é mellorar a formación de todos aqueles axentes de saúde implicados na formación dos mozos e mozas, na súa relación coa sexualidade e a importante relación coa infección por VIH/SIDA.
Así xorde a necesidade de realizar encontros formativos a profesionais que estean en contacto cos mozos e mozas para axudalos na súa mellor relación con este colectivo.
Para máis información:
http://programagalia.blogspot.com/2009/10/seminario-de-prevencion-de-vihsidaits.html
[10/11/2009 10:31 - 18/11/2009 14:00] Terá lugar do 23 ao 25 de novembro no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia
PRESENTACIÓN
Un dous obxectivos da Unión Europea en materia de xuventude é a mellora do acceso dos mozos e mozas á sociedade e a súa plena participación nela. Por iso un dos campos é "A saúde e o deporte"
A estratexia sanitaria da UE (2008-2013) considera unha prioridade de acción a saúde dos mozos e mozas, aspecto que confirma unha Resolución do Consello.
A tensión, unha mala alimentación, a falta de exercicio físico, constitúen unha ameaza para a saúde de moitos mozos e mozas. A mala saúde, que impide, á súa vez, a participación activa, pode deberse tamén a factores ambientais e socioeconómicos máis amplos. O deporte, ademais de mellorar a saúde física e o benestar psicolóxico da xuventude, ten unha dimensión educativa e desempeña unha importante función social.
OBXECTIVOS
Formar a técnicos, profesionais e demais persoas que traballan ou queiran traballar no ámbito da mocidade sobre aspectos básicos da saúde e do deporte desde a óptica dos trastornos alimenticios.
Coñecer os beneficios dunha alimentación e de actividade física adecuada para a mocidade.
DURACIÓN
Núm. de horas: 75
Horas presenciais: 8
Datas presenciais: 23 e 25 de novembro, de 10:00 a 14:00 h
DESTINATARIOS/AS
Preferentemente profesionais que traballan coa xuventude nas casas da xuventude e nos centros de información e orientación especializado. No caso de haber prazas vacantes poderán acceder todas as persoas interesadas na temática.
DESENVOLVEMENTO DO CURSO
O curso ten carácter semipresencial, non cal se inclúen clases expositivas, estudo de material entregado no curso e exercicios presenciais e a distancia.
CONTIDOS
Políticas de promoción de hábitos saudables entre a mocidade
Trastornos alimenticios propios das sociedades occidentais
Prevención dos trastornos de alimentación: da insatisfacción corporal aos trastornos da alimentación na mocidade Anorexia nerviosa. Bulimia. Obesidade
Beneficios dunha alimentación adecuada e o exercicio. As dietas. Pautas para unha alimentación saudable
Beneficios do exercicio físico e do deporte. Pautas adecuadas
Hábitos do exercicio físico e do deporte
Hábitos de alimentación na mocidade
LUGAR
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, por fax: 981 583 942, ou a través da páxina www.xuventude.net
O prazo de solicitude remata ás 14:00 h do día 18 de novembro.
[10/11/2009 10:36 - 26/11/2009 15:00] Terá lugar na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña os días 26 e 27 de novembro a partir das 20:00 h, e o 28 a partir das 19:00 h. Despois xirará por outros concellos da provincia. A entrada é de balde
Para máis información: www.cineafrica.es