[29/06/2009 09:28 - 31/12/2009 23:59] Concurso de narrativa en lingua galega
BASES
1. Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relato, cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 250, que estea escrita en lingua galega.
2. Este premio ten carácter bianual.
3. Os traballos presentaranse por triplicado. Deberanse incluír nun sobre á parte o nome, enderezo, teléfono e correo electrónico, e unha fotocopia do DNI. As obras irán con pseudónimo ou lema.
4. Prazo de presentación: 31 de decembro de 2009
5. Haberá un único premio que consistirá na publicación do texto premiado. O antedito premio pode quedar deserto.
6. A decisión do xurado farase pública o 1 de marzo de 2010.
7. A obra será publicada no mes de maio de 2010.
8. Os orixinais non premiados non serán devoltos.
9. As obras a concurso e a documentación relativa enviaranse ao seguinte enderezo:
POSiTiVAS
V PREMIO NARRATIVAS QUENTES
Xeneral Pardiñas, 15-17, local 10
15701 Santiago de Compostela
[28/07/2009 12:33 - 15/12/2009 15:00] O obxectivo da consulta é que os mozos e mozas envíen as súas contribucións e fagan chegar a súa opinión ás institucións europeas
A Comisión Europea lanzou recentemente unha consulta pública sobre como darlles ás mozas e mozos europeos máis e mellores oportunidades de ir ao estranxeiro a aprender, estudar ou realizar un voluntariado.
O obxectivo da consulta é que os mozos e mozas envíen as súas contribucións e fagan chegar a súa opinión ás institucións europeas.
O período da consulta durará ata o 15 de decembro de 2009. Unha vez pechada a consulta, a Comisión Europea avaliará as contribucións recibidas e presentará unha proposta con medidas para levar a cabo.
Máis información en:
http://ec.europa.eu/youth/news/news1553_en.htm
Xuntamos o documento Green Paper "Promoting the learning mobility of young people", por agora só dispoñible en inglés, francés e alemán.
Samanta García-Carro
Europe Direct Galicia
San Pedro de Mezonzo, 48 baixo
15701 Santiago de Compostela
Tel.: +34 981 55 33 90
Fax: +34 981 59 08 75
Correo-e: [a href="mailto:sgarciacarro@europedirect-galicia.com
"]sgarciacarro@europedirect-galicia.com
Documentación
[05/11/2009 11:13 - 27/11/2009 15:00] O seu obxectivo é contribuír á formación das mozas e mozos traballadores e titulados recentes de Galicia nun contexto europeo, axudando á realización de prácticas en empresas doutros países mediante o financiamento de estadías de 12 semanas de duración
A Dirección Xeral de Xuventude, a través do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, como entidade cofinanciadora e a Asociación Cultural Ingalicia como entidade coordinadora, poñen en marcha tres proxectos de mobilidade para mozos e mozas de Galicia denominados EVERGREEN, IWE e NEA, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013.
Para máis información, descarga o seguinte documento adxunto:
Documentación
[10/11/2009 10:36 - 26/11/2009 15:00] Terá lugar na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña os días 26 e 27 de novembro a partir das 20:00 h, e o 28 a partir das 19:00 h. Despois xirará por outros concellos da provincia. A entrada é de balde
Para máis información: www.cineafrica.es
[13/11/2009 09:13 - 12/02/2010 23:55] 11 e 12 de febreiro na Facultade de Psicoloxía da USC
Podedes ver toda a información no arquivo adxunto.
Documentación
[17/11/2009 10:40 - 26/11/2009 18:00] Campus de Santiago o 24 e 25 de novembro, de 11:00 a 18:00 h, na Facultade de Ciencias Económicas
Campus de Lugo o 26 de novembro, de 11:00 a 18:00 h, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas
O foro está aberto a todas as títulacións da USC e ofrece un crédito de libre configuración para as persoas asistentes ás actividades.
Tedes toda a información en www.forodeempregousc.com
[17/11/2009 13:12 - 26/11/2009 20:30] Terán lugar o 26 de novembro, de 16:30 a 20:30 h, no CIM do Concello de Ordes
A data límite para a inscrición é o 24 de novembro a través do fax: 981 682 221, o correo: cim@ordes.dicoruna.es ou presentando a ficha de inscrición na oficina do CIM do Concello de Ordes (rúa Alfonso Senra, 108, Ordes).
Documentación
[25/11/2009 14:43 - 16/12/2009 23:00] Xornadas organizadas pola Asociación AREVA. Terán lugar o 15 e 16 de decembro en Vilagarcía de Arousa
Toda a información no arquivo adxunto
Documentación
[14:51 - 15/02/2010 14:51] Organizados pola Biblioteca Pública Municipal de Zamora
O prazo de presentación de traballos remata o 15 de febreiro de 2010.
Podes ver as bases de cada un dos concursos nos seguintes arquivos
Documentación