Noticia
Voluntariado de curta duración
A asociación Rota Jovem precisa voluntarios/as para colaborar no evento Portugal Vela 2007
[12/12/2006] O dito evento terá lugar entre o 1 de xuño e o 27 de xullo en Cascais (Portugal)
A asociación Rota Jovem precisa 100 voluntarios/as de toda Europa para traballar durante oito semanas en Cascais (Portugal) entre o 1 de xuño e o 27 de xullo de 2007 coa "ISAF Sailing World Championships - Cascais / Portugal - 2006-PT-30".
Esta actividade está encadrada dentro da Acción 2 do Programa Xuventude, o Servizo de Voluntariado Europeo (SVE).
Se estás interesado cubre o documento adxunto que aparece na columna da dereita e envíanolo ao seguinte enderezo: info@cxg.org
A data límite é o 29 de decembro.
Algúns detalles informativos:
- Idade: de acordo co novo programa de Xuventude en Acción, os mozos e mozas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos poden participar no proxecto.
- Aplicación; Rota Jovem, como organización de acollida, solicitaralle á Axencia Nacional Portuguesa para todo o proxecto e para todo o grupo de voluntarios para a data límite o 1 de febreiro.
- A organización de envío é responsable de organizar a viaxe do voluntariado a Portugal.
- Os voluntarios terán aloxamento, comida e transporte local de balde. Tamén recibirán 85€ por mes para gastos persoais (Pocket money do SVE).
- Asesoramento: a organización emisora terá que facerse cargo deste punto antes de que o proxecto comece.
- Grupo de destinatarios: debido ás características do proxecto e ás actividades do voluntariado non é posible acoller voluntarios con eivas físicas ou mentais. Os mozos e mozas con menos oportunidades que sofren desvantaxes sociais e económicas son benvidos a presentar a súa solicitude.
Para máis información www.rotajovem.com
Más noticias
« Noticias