Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


SERVIZO DE ASESORAMENTO EN PROXECTOS EUROPEOS DO CXG

SERVIZO DE ASESORAMENTO EN PROXECTOS EUROPEOS DO CXG

Servizo de asesoramento de proxectos europeos en liña

O Consello da Xuventude de Galicia a través da Área de Internacional pon ao servizo das asociacións xuvenís galegas, entidades locais e dos colectivos informais de mozos e mozas un servizo de asesoramento de proxectos europeos co obxectivo de axudar a todos os colectivos referidos anteriormente no seguimento de programas e convocatorias, na preparación e presentación dos proxectos e na coordinación, execución e avaliación destes.

Seguimento de programas e convocatorias
Dispoñemos de información permanentemente actualizada e contacto directo coas institucións pertinentes (Axencia Nacional Española do Programa Xuventude en Acción, Consejo de la Juventud de España, Fundación Galicia Europa, etc.), que nos permite coñecer os programas máis axeitados para cada iniciativa e as iniciativas máis axustadas a cada programa.

Preparación e presentación dos proxectos
Na preparación dos proxectos europeos realizamos conxuntamente cos autores e autoras das iniciativas todas as tarefas: posta en común das ideas que se van desenvolver e encaixe posterior, a procura de entidades socias internacionais e a elaboración e redacción conxunta do proxecto.

Coordinación, execución e avaliación dos proxectos
No suposto de que fose requirido, o Consello da Xuventude de Galicia pon a disposición dos e das participantes os medios materiais e de persoal técnico necesario para o desenvolvemento efectivo da actividade, a valoración e consecución dos seus obxectivos iniciais.

Contacta con nós a través de info@cxg.org, e nun prazo non superior a 48 horas recibirás unha resposta.

Utilidades