Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Ligazóns

Neste apartado podedes atopar unha escolma de páxinas web institucionais e de asociacións xuvenís de Galicia.

Institucións e organismos autónomos de Galicia

  • Parlamento de Galicia

    O Parlamento de Galicia ofrece na súa páxina web información institucional, así como novas sobre as actividades parlamentarias e a posibilidade de seguir en directo o debate parlamentario.

  • Xunta de Galicia

    Na páxina web do goberno galego é posible consultar a actualidade política do país, así como acceder a numerosos servizos directos que facilitan o contacto coa administración.

  • Consello da Cultura de Galicia

    Como órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ao Consello compéntelle a defensa e a promoción dos valores culturais do pobo galego. A súa páxina web é un lugar de encontro para todos aqueles que precisen información sobre a cultura en Galicia.

  • Consello Consultivo de Galicia

    Órgano consultivo de carácter técnico xurídico, o Consello Consultivo de Galicia ten como fin velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas e, en xeral, pola observancia da Constitución, do Estatuto de Autonomía de Galicia e do resto do Ordenamento Xurídico.

  • Consello de Contas de Galicia

    Ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego.

  • Consello Económico e Social de Galicia

    Órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica. Foi creado para facilitar a participación dos axentes económicos e sociais na política socio-económica de Galicia.

  • Consello Galego de Relacións Laborais

    Creado no ano 1988, o Consello Galego de Relacións Laborais é un lugar permanente de diálogo dos axentes sociais en Galicia.

  • Federación Galega de Municipios e Provincias

    A Federación Galega de Municipios e Provincias traballa en eidos como o consumo, o medio ambiente e o padrón de habitantes.

  • Fundación Galicia Europa

    Institución sen ánimo de lucro, creada para promover todas as accións que propicien o achegamento de Galicia a Europa.

  • Centro de Competencias en Comercio Electrónico

    O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia ten como obxectivo fomentar, apoiar e axudar as pequenas e medianas empresas galegas no aproveitamento das novas tecnoloxías e Internet e na adopción de procesos de negocio electrónico.

Consellos de Xuventude

  • Foro Europeo da Xuventude

    O Foro Europeo da Xuventude é unha organización internacional que agrupa os consellos nacionais de xuventude e organizacións xuvenís non gobernamentais co obxectivo de representar os intereses dos mozos de toda Europa.

  • Consello da Xuventude de España

    O Consello da Xuventude de España (CXE) é unha plataforma de entidades xuvenís formada polos Consellos de Xuventude das Comunidades Autónomas e organizacións xuvenís de ámbito estatal.

  • Consello da Xuventude de Euscadi

    Plataforma de asociacións xuvenís que traballa en favor dos dereitos dos mozos e das mozas en Euscadi.

  • Consello Nacional da Xuventude de Cataluña

    Plataforma de asociacións xuvenís que traballa en favor dos dereitos dos mozos e das mozas en Cataluña.

  • Consello da Xuventude da Comunidade Valenciana

    Institución que representa o asociacionismo xuvenil na Comunidade Valenciana.

  • Consello da Xuventude de Castela e León

    Institución que aglutina as asociacións xuvenís e Consellos de Xuventude en Castela e León e que representa os mozos e as mozas nesta Comunidade.

  • Consello da Xuventude de Extremadura

    Plataforma representante das asociacións e colectivos xuvenís de Extremadura, e no seu defecto, defensor dos intereses dos mozos e das mozas de Extremadura.

  • Consello da Xuventude da Comunidade de Madrid

    Foro de participación dos mozos e das mozas no desenvolvemento político, económico, social e cultural da Comunidade de Madrid, ademais de ser un organismo de coordinación do movemento asociativo xuvenil madrileño e interlocutor do mesmo coa Administración.

  • Centro da Xuventude de La Rioja

    Formado por distintas asociacións xuvenís de La Rioja, o Consello forma parte do Consello da Xuventude de España.

  • Consello da Xuventude de Murcia

    É o máximo órgano de representación das asociacións xuvenís da Comunidade Autónoma de Murcia, constituindo a fin esencial do mesmo servir de interlocutor e de cauce de participación da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural da Rexión de Murcia.

  • Consello da Xuventude de Castela-A Mancha

    Órgano que representa a xuventude de Castela-A Mancha diante das institucións.

  • Consello da Xuventude de Ceuta

    Institución que representa os mozos e as mozas de Ceuta.

  • Consello da Xuventude do Principado de Asturias

    Organismo autónomo que nace co obxectivo de ser o interlocutor entre os mozos e as mozas do Principado de Asturias e a Administración Autonómica e a opinión pública.

  • Consello da Xuventude de Andalucía

    Institución que representa os mozos e as mozas de Andalucía diante das institucións.

  • Consello da Xuventude de Cantabria

    Organismo democrático e de cooperación xuvenil creado para defender e reivindicar os intereses e dereitos da xuventude cántabra e ofrecer unha canle de participación e desenvolvemento político, social, económico e cultural da comunidade autónoma.

  • Consello da Xuventude de Aragón

    Órgano de relación nos temas de xuventude coas entidades públicas no territorio de Aragón e, en especial, co Goberno rexional a través da súa Dirección Xeral de Xuventude e Deportes.

Outras asociacións e Entidades


Utilidades