Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


O Consello

O Consello

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) é unha entidade institucional creada co obxectivo de artellar unha política global para a mocidade. Composta por 22 asociacións xuvenís, o CXG é unha entidade de Dereito Público e con personalidade xurídica propia.

Funcións:
  • Elaboración e aprobación de informes e dictames, que serán preceptivos para a Xunta de Galicia cando se trate de promulgar disposicións que atingan de xeito específico á mocidade como colectivo social, na orde educativa, socio-cultural, sanitaria, laboral ou calquera outra.
  • Emitir informe previa e preceptivamente sobre as dotacións orzamentarias adicadas a subvenciona-las actividades de organizacións xuvenís, así como sobre os convenios que a Xunta de Galicia poida establecer con elas.
  • Dirixirlle á Xunta de Galicia memorias, reflexións e análises que reflictan a situación da mocidade como grupo social, ó tempo que propoñe-las medidas legais que xulge necesarias ou convenientes.
  • Elevar anualmente ó Parlamento unha memoria na que se reflicta a situación da xuventude como grupo social, ó tempo que propoñe-las medidas legais que xulge necesarias.
  • Participación no artellamento da política de xuventude a nivel estatal a través da súa representación no "Consejo de la Juventud de España".
    Leva-lo Rexistro de Organizacións Xuvenís de Galicia.
  • Aqueloutras funcións, tanto de asesoramento e consulta como de xestión e mesmo de execución en materia de xuventude, que lle poidan vir atribuídas ó abeiro das disposicións legais ou regulamentarias.
  • Todas aquelas necesarias para o exercicio da súa función informativa, coordenadora e impulsora de actividades diante da mocidade e das organizacións xuvenís, así como as necesarias para actua-los seus fins, sen prexuicio das atribuídas a outros suxeitos ou órganos.

Utilidades