Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Requisitos para entrar no CXG

Requisitos para entrar no CXG

Poden formar parte do CXG as asociacións xuvenís, organizacións estudiantís, políticas e sindicais que abrangan o territorio galego, así como os consellos locais e comarcais galegos. Os colectivos sen personalidade xurídica tamén poden ser membros do CXG, pero a súa admisión é condicional a que adquiran dita personalidade xurídica no prazo de seis meses dende a toma de posesión dos seus conselleiros na Asemblea Xeral.

Non poderán ser membros do CXG aqueles colectivos, entidades ou asociacións que profesen unha ideoloxía ou actuación que neguen os dereitos e liberdades democráticas, ensalcen a violencia como único medio para resolve-los conflictos e refrenden uns ideais sexistas ou racistas.

No caso de non cumprir estes requisitos, o regulamento dáche a posibilidade de participar como membro observador.

A nosa intención, unha vez lido isto, é que vos animedes a formar parte deste organismo que, coas achegas de todas e todos, mellor podemos defender o ser e sentirse mozos e mozas nesta sociedade.

Se tedes algunha dúbida, estamos á vosa disposición para axudarvos. Cantos máis sexamos, maior enriquecemento, máis gañaremos en eficacia e pluralidade. De seguro que aquí tedes un espazo para que participe a vosa asociación. ¡Esperámosvos!

Máis información

Utilidades